These are the items we have found.
Heartstopper 4: Máis que palabras (Gallego)
Facerse maior é complicado, pero o amor de verdade pode con todo. Sigue os pasos de Nick e Charlie nunha nova etapa da súa relación.
Edición especial con material inédito.
O fenómeno que inspirou a serie de Netflix.
Edición especial cun cómic extra en exclusiva.
Charlie nunca pensou que puidese gustarlle a Nick, pero agora son parella. Oficialmente. E Nick mesmo llo contou á súa nai.
Pero dar este paso non é algo que se faga unha soa vez: está o irmán maior de Nick, a viaxe a París e todos os seus amigos e familiares… E a vida pode ser dura, mesmo cando tes ao teu carón alguén que te quere. A medida que os seus sentimentos se fan máis profundos, Charlie e Nick necesitaranse máis ca nunca…
Heartstopper trata do amor, da amizade e da lealdade, pero tamén da saúde mental. Une as pequenas historias da vida de Nick e Charlie que, xuntas, forman algo máis grande, algo que nos chega a todos ao corazón.